Cargando

Interesante e Enriquecedor o I Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia

Interesante e Enriquecedor o I Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia

  • A xornada organizada por AGEFEC foi valorada como interesante e enriquecedora polos asistentes, da que se agardan novas edicións de carácter anual
  • AGEFEC agradece a participación e implicación dos asistentes, así como da EOXI de Ferrol e da Subdirección Xeral de Investigación, Docencia e Innovación do SERGAS

A Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) organizou en Ferrol o I Encontro de Titores de Enfermaría Familiar e Comunitaria de Galicia, na que asistiron unha trintena de profesionais implicados na formación da Especialidade Enfermeira de Familia e Comunitaria, entre os que se atopaban titores, especialistas e residentes.

Encontro titores Ferrol 20.11.15O Encontro tiña por obxectivo abordar as competencias de investigación que deben adquirir os futuros especialistas mediante o traballo de investigación, así como tamén as competencias a adquirir no desenvolvemento de intervencións e actividades nos diferentes formativos polos que rotan os residentes.

No primeiro manifestouse a necesidade da execución dunha investigación por parte dos residentes para adquiri-las competencias necesarias na metodoloxía de investigación, xa que entre outros, a especialidade é antesala da tese doutoral, así como facendo tamén fincapé na necesidade de incrementar o corpo de coñecemento da Enfermaría mediante a investigación.

No segundo puxéronse en común os dispositivos polos que os futuros especialistas rotan, sendo os que realizan intervencións comunitarias directas os máis complicados de conseguir, pola dificultade de establecer convenios e acordos con outras entidades e institucións. A Unidade Docente de Ferrol expuxo a súa experiencia que foi acollida con moito interese e expectación por parte dos asistentes.

O Encontro finalizou coa participación de Luís Ángel León Mateos, Subdirector Xeral de Investigación, Docencia e Innovación do Servizo Galego de Saúde, que fomentou a participación activa dos asistentes durante a súa intervención.Encontro titores Ferrol 20.11.15-2

Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria valoramos este 1º Encontro como un gran éxito xa que supuxo unha primeira experiencia moi interesante, enriquecedora e produtiva, que sen dúbida algunha facilitará a maior interrelación entre as diferentes Unidades Docentes así como a posta en valor de diferentes recursos de utilidade formativa.

Por último queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a tódolos participantes que acudiron, como tamén a Subdirección Xeral de Investigación, Docencia e Innovación do Servizo Galego de Saúde, representada polo seu Subdirector Xeral Luís Angel León, a EOXI de Ferrol que estivo representada polo Director de Enfermaría Luís Arantón, e a tódalas Unidades Docentes Multiprofesionais de Atención Familiar e Comunitaria de Galicia.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios