Cargando

A web da AGEFEC recibe o recoñecemento de web de interese sanitario

A web da AGEFEC recibe o recoñecemento de web de interese sanitario

  • O pasado 17 de novembro recibiamos a confirmación de portalesmedicos.com polo cal a nosa web superaba a avaliación do comité avaliador para a concesión desta acreditación.

2015-11-27 (1)Dende o seu comezo, Internet supuxo un fito na historia da humanidade xa que rompeu barreiras e revolucionou as comunicacións, a difusión e o acceso a información. Grazas a elo, a día de hoxe podemos acceder a información a que antes non era accesible a todos.

Esta revolución afectou substancialmente o eido sanitario, tanto para a divulgación de coñecemento sanitario para a cidadanía como para a formación continuada dos profesionais da saúde.

Coa fin de garantir que persoas non cualificadas emitan información para a que non están capacitadas, portalesmedicos.com creou o concepto de Web de Interese Sanitario (WIS) polo que avala a veracidade da información e contidos destas webs. Para tal fin dispón dun comité avaliador polo que avalían se a web reúne ou non os requirimentos necesarios a petición dos xestores ou propietarios da web.

Dende o 17 de novembro do 2015, a nosa web, www.agefec.org conta coa citada acreditación na categoría de Sociedades.

agefec

agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios