Cargando

CONVOCATORIA 2023 DE AXUDAS ECONOCÓMICAS PARA O CONGRESO INTERNACIONAL DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA XII FAECAP, XIV ASANEC E IX ENCONTRO DE EIR E TUTORES

CONVOCATORIA 2023 DE AXUDAS ECONOCÓMICAS PARA O CONGRESO INTERNACIONAL DE ENFERMARÍA FAMILIAR E COMUNITARIA XII FAECAP, XIV ASANEC E IX ENCONTRO DE EIR E TUTORES

Co obxectivo de promover a formación e a asistencia a eventos de carácter científico entre os seus asociados, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria oferta 6 bolsas de 150 € para axuda a asistencia ao Congreso Internacional de Enfermería Familiar e Comunitaria que terá lugar en Granada os vindeiros días 19, 20 e 21 de abril de 2023. As bases da convocatoria que se poden descargar máis abaixo son as seguintes:

Primeira. Obxecto

As axudas económicas irán dirixidas exclusivamente aos socios/as da AGEFEC que se atopen ao corrente de pago da cota anual á data de publicación destas becas.

Segunda. Concepto

As axudas económicas concederanse en concepto de asistencia ao Congreso Internacional de Enfermería Familiar e Comunitaria: XII FAECAP, XIV ASANEC y IX ENCUENTRO DE EIR Y TUTORES e será requisito imprescindible que o beneficiario/a figure como primeiro/a autor/a dunha comunicación oral ou póster.

Terceira. Contía económica

  1. Establécese unha partida económica de 900€ dividida en 6 bolsas de 150€.
  2. Cada socio/a poderá beneficiarse dunha única bolsa, independentemente do número de comunicacións aceptadas no Congreso nas que figure como autor.

Cuarta. Forma de aboamento

O importe que corresponda aboarase mediante transferencia bancaria.

Quinta. Solicitudes

O período de recepción de solicitudes comprenderá dende o 3 de abril as 00:00 horas ata o 9 de abril, ás 00:00 horas.

As solicitudes remitiranse a secretariatecnica@agefec.org, indicando no asunto Solicitude Bolsa Congreso FAECAP 2023 edeberán conter a seguinte documentación:

  1. Documento de solicitude de bolsa debidamente cumprimentado e asinado (anexo I).
  2. E-mail o documento xustificativo da aceptación da súa comunicación no Congreso.
  3. E-mail o documento de confirmación da súa inscrición no Congreso.

Validez das solicitudes:

As solicitudes que se remitan incompletas, isto é, sen achegar toda a documentación esixida, non serán consideradas.

Trala revisión da documentación, a Secretaría confirmará por escrito, a validez da solicitude e o número de orde de entrada que lle corresponde.

Sexta. Concesión da axuda económica

As bolsas concederanse por rigorosa orde de entrada das solicitudes debidamente cumprimentadas e ata esgotarse a partida económica asignada.

Sétima. Desenvolvemento do proceso de adxudicación

O solicitante recibirá un correo electrónico confirmando a recepción da súa solicitude e se esta cumpre ou non cos requisitos esixidos nas bases.

No caso de non cumprilos, a solicitude non será considerada e deberá volver remitila reparando os erros que se indiquen.

O número de orde será o asignado cando se reciba a solicitude correctamente cumprimentada.

Os beneficiarios recibirán nun prazo de 10 días, a partir da data límite de recepción de solicitudes, un correo electrónico no que se lles notificará a concesión de la bolsa. Do mesmo xeito, os solicitantes non beneficiarios recibirán por correo electrónico a comunicación informando da denegación da bolsa.

O pago da bolsa realizarase unha vez finalizado o Congreso, tras xustificar o beneficiario a presentación do seu traballo enviando á secretaria certificado de autoría, emitido pola secretaría do Congreso, e unha copia da súa presentación no Congreso na que quede constancia de que na mesma figuraba a información de que foi “realizada co auspicio da AGEFEC”.

En Santiago de Compostela, a 27 de marzo de 2023

vania

vania

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios