Cargando

O SERGAS rexeita administrar a vacina antigripal nas Farmacias

O SERGAS rexeita administrar a vacina antigripal nas Farmacias

Santiago de Compostela, 13 de Xullo do 2015

  • A Consellería rexeita a proposta dos farmacéuticos pontevedreses, que consistía en cobrar 9 euros por vacina administrada ao SERGAS.
  • A reacción das Sociedades Científicas da Atención Primaria, Colexios de Enfermaría e o non do goberno central foron determinantes.

 

Fai uns meses, o Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra, solicitaba a Sanidade administrar a vacina antigripal nos despachos de farmacia por 9 euros por vacina administrada.

A iniciativa que foi rexeitada dende o seu comezo por AGEFEC, por supoñer claros riscos para a seguridade do paciente, a falta de garantías no procedemento nas oficinas de farmacia e a ruptura do modelo de atención integral e proactivo foron algúns dos argumentos da nosa Sociedade Científica.

Esta iniciativa ven de ser rexeitada pola Consellería de Sanidade segundo informa o Faro de Vigo.

AGEFEC seguirá traballando na defensa da Enfermaría Familiar e Comunitaria en Galicia dentro dun modelo asistencial integral e proactivo no que as Enfermeiras poidan exerce-lo seu rol acorde coa súa valía profesional.

Carta Conselleira 5.6.15 – vacuna gripe en farmacias

Carta DX Saude Publica 5.6.15 – vacuna gripe en farmacias

Agefec

Agefec

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios