A Asemblea Xeral nomea nova Xunta Directiva para o período 2017-2019
A Asemblea Xeral da Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) reunida o pasado 21 de abril do 2017 en sesión extraordinaria, proclamou a nova Xunta Directiva para o período 2017-2019 presidida por Francisco Jesús Represas Carrera.
A composición da Xunta Directiva quedou determinada do seguinte xeito:
| Presidente | Francisco Jesús Represas Carrera |
| Vicepresidente 1º | Álvaro Carrera García |
| Vicepresidenta 2ª | Ana Sáez Ribao |
| Secretario | Ignacio Couselo Fernández |
| Tesoureira | Silvia Pazos Platas |
| Vogalías por sección | |
| · Comunicación: | Alberto Rodríguez Seoane |
| · EIR e Vía Extraordinaria: | Susana Mirás Carballal e Andrea Otero Budiño |
| · Titores e Unidades Docentes: | Raquel Filgueira Bello e Gemma Rodríguez Álvarez |
| · Formación continuada: | Juan Carlos Arbor Aldea |
| · Fraxilidade e Cronicidade: | Xosé Luis Álvarez Prieto |
| · Saúde Pública e Comunitaria : | María Rey Grandal |
Dende a Xunta Directiva da AGEFEC pretendemos seguir fomentando o desenvolvemento, a promoción e a divulgación da Enfermaría Familiar e Comunitaria, mantendo unha liña continuista coas anteriores liñas de traballo 2015-2017.
Para acceder aos obxectivos da nova Xunta Directiva preme aquí.
Así mesmo, tamén queremos agradecer a extraordinaria labor dos membros saíntes da Xunta Directiva: Lorena Comesaña (vicepresidencia 2ª), Carmen Arcay (grupos asesores) e Alejandra García (UD e Titores), que seguirán participando activamente noutros cometidos da AGEFEC.








Non están permitidos os comentarios.