Cargando

A AGEFEC reclama o recoñecemento da formación sanitaria especializada e solicita a reconversión das prazas de enfermeira de Atención Primaria a prazas de especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria

A AGEFEC reclama o recoñecemento da formación sanitaria especializada e solicita a reconversión das prazas de enfermeira de Atención Primaria a prazas de especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria

Dado o inminente remate do período de formación dos e das residentes de Enfermaría Familiar e Comunitaria da promoción 2020-2022, a Asociación Galega de Enfermería Familiar e Comunitaria (AGEFEC) quere expoñer o seguinte: 

  1. Un total de 34 enfermeiras especialistas no Servizo Galego de Saúde rematarán a especialidade tras dous anos de formación. Un número nada despreciable que, de non ofertar vacantes para especialistas, serán desviadas a outros servizos, desperdiciando, así, todo o invertido na súa formación. 
  1. Na actualidade temos coñecemento de compañeiras galegas na mesma situación que están fora da comunidade soamente por mor da praza que obtiveron na elección para optar a formación sanitaria especializada (FSE), para as que sería un aliciente para voltar a Galicia. 
  1. Tamén, enfermeiras especialistas que están fora da comunidade pola escasa saída profesional das bolsas de Enfermería Familiar e Comunitaria para as que, a creación de novas oportunidades neste campo, sería un incentivo para voltar (máis dun 22% das formadas na comunidade galega emigran a outras comunidades).
  1. Dado o actual déficit de enfermeiras, o feito de que se dispoña de profesionais motivadas e formadas para traballar nun campo en concreto diminuiría esta problemática e xa que, por outra banda, unha boa asistencia dende a Atención Primaria, como ben é sabido, diminúe as asistencias a urxencias hospitalarias innecesarias e o número de ingresos evitables. 
  1. O aumento de residentes en formación nas diferentes áreas (só na área de Santiago de Compostela e Barbanza duplicouse) fai salientar a escaseza de profesionais especialistas coa estabilidade necesaria para titorizalos. 

Polo exposto, solicitamos: 

  1. A reconversión do 100% das prazas de enfermeira de Atención Primaria procedentes de xubilacións a prazas de especialistas en Enfermería Familiar e Comunitaria.
  1. A oferta de tódalas vacantes de Atención Primaria a enfermeiras especialistas en Familiar e Comunitaria.

 En conclusión, reclamamos o recoñecemento da formación especializada, xa que estas enfermeiras foron formadas nos diferentes centros de saúde galegos durante dous anos para ofertar unha mellor atención a cidadanía e desa forma seguir a actual liña de mellora da Atención Primaria e lembramos que esta formación supón un custo individual de preto de 60000 euros por residente.

vania

vania

Non están permitidos os comentarios.

Agefec é necesaria.
Somos necesarios