Cargando

Día Mundial

12 de abril. Día Internacional da Atención Primaria

Hoxe, 12 de abril, celebramos o Día Internacional da Atención Primaria, e dende AGEFEC quixemos voltar á base e centro da nosa profesión: o metaparadigma enfermeiro. Definido por Jacqueline Fawcett, establece os conceptos centrais e universais que guían a nosa práctica: persoa, saúde, entorno e coidados. Estes catro piares son especialmente relevantes na Atención Primaria, […]

31 de marzo. Día Mundial Contra o Cancro de Colon.

Hoxe, 31 de marzo, conmemórase o Día Mundial contra o Cancro de Colon, o tumor máis frecuente en Galicia e o segundo en mortalidade, cunha taxa de incidencia de 90,4 casos por 100.000 homes e 74,2 por 100.000 mulleres en 2022, e máis de 1.100 mortes anuais (datos da Consellería de Sanidade a xaneiro de […]

8 de marzo. Día Internacional da Muller.

Hoxe, 8 de marzo, celébrase o Día Internacional da Muller. Dende a AGEFEC consideramos que é unha boa data para lembrar que os coidados —eses que sosteñen a saúde das persoas e das comunidades— teñen nome maioritariamente de muller. A nivel global, máis do 80 % dos/as profesionais de enfermaría son mulleres, e ao longo […]

26 de novembro. Día Mundial da Enfermaría Familiar e Comunitaria.

Hoxe é un día para celebrar, pero tamén para facer ruído.As enfermeiras de familiar e comunitaria somos moito máis que un elo do sistema sanitario: somos a súa base. Estamos preto das persoas, acompañando, educando, coidando e defendendo a saúde nas casas, nos centros de saúde e nas comunidades.Somos as profesionais que coñecemos os nomes, […]

18 de novembro. Día Europeo para o Uso Prudente dos Antibióticos.

A enfermaría de familia: clave no uso responsable dos antibióticos⚠️ A resistencia antimicrobiana é un problema global.A enfermaría de familia está en primeira liña para frear as resistencias:✨ Educación sanitaria á poboación.✨ Seguimento de tratamentos.✨ Comunicación accesible e próxima coas familias Antibióticos #EnfermaríaComunitaria #EFEC #AGEFEC

29 de setembro: Día Mundial do Corazón

❤🩺 29 de setembro – Día Mundial do Corazón “Coida o teu corazón, dende a comunidade e coa enfermaría ao teu lado” O corazón é o motor da nosa vida. Hoxe, no Día Mundial do Corazón, queremos lembrar a importancia de previr, identificar e controlar os factores de risco cardiovascular para vivir máis e mellor. […]

8 M: Día Internacional da Muller

Mañá, 8 de marzo, é o Día Internacional da Muller. Desde a AGEFEC queremos sumarnos a esta celebración, reevindicando o marcado carácter feminino da nosa profesión, desde os inicios da enfermaría moderna, da man de Florence Nightingale, ata a actualidade. Segundo os datos do Informe do Ministerio de Sanidade “Situación actual y estimación de la […]

Webinar Incontinencia Urinaria

Co motivo da Semana Mundial da Continencia, presentamos a webinar gratuita “La indicación del absorbente más allá de la simple receta” que organiza FAECAP en colaboración con la Asociación Incontinencia ASIA e o grupo ESSITY e que terá lugar o 20 de xuño ás 17h. Máis información e inscricións na seguinte LIGAZÓN

31 de maio, Día Mundial Sen Tabaco

Hoxe celébrase o Día Mundial Sen Tabaco. Dende AGEFEC, como membro de Faecap e socios do CNPT, queremos animar a tódalas enfermeiras de Atención Primaria a que organicen actividades para promover a saúde e aconsellar sobre os riscos do tabaquismo, sensibilizando e captando a aquelas persoas que desexen deixar de fumar e acompañándoas durante este […]

DÍA MUNDIAL DO PARKINSON

O xoves 11 de abril, co motivo da celebración do Día Mundial do Parkinson e co lema “Coñecelo é o primeiro paso para combatilo”, AGEFEC acudiu á Asociacion de Parkinson de Vigo para explicar cal é a labor das enfermeiras de familia e comunitaria ós doentes de parkinson. Coincidindo coa celebración do día da Atencion […]

1 2

Agefec é necesaria.
Somos necesarios