Cargando

Grupo de traballo de AGEFEC

Documento de Instrucións Previas ou DIP📝

Hoxe traémosvos unha nova minipílula informativa do noso Grupo de Coidados Paliativos. Desta volta, fálannos sobre o Documento de Instrucións Previas ou DIP, ao cal podemos acceder dende IANUS (se o/a paciente dispón del). Desexamos que sexa do voso interese. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.

💭 Sabes o que son os coidados paliativos?

Hoxe achegámosvos unha mini pílula informativa elaborada polo noso Grupo de Traballo de beneficios Paliativos. Nela, fannos unha breve definición destes coidados, así como dos seus beneficios tanto para o/a paciente coma para o seu entrono. Ao ano, unhas 40 millóns de persoas precisan coidados paliativos a nivel mundial, aínda que só o 12% os […]

Infografía Infección Gonocócica

Tras o descanso estival, dende a AGEFEC voltamos traéndovos unha nova infografía dos nosos Grupos de Traballo. Desta vez, o Grupo de Saúde Pública e Inmunoprevenibles achéganos información actualizada sobre a infección gonocócica, de actualidade tanto polo aumento dos casos como polos cambios respecto á inmunización fronte a mesma na nosa Comunidade Autónoma. Esperando que […]

Infografía “Enfermidade cardiovascular, unha mirada dende a consulta de enfermería”

O grupo de traballo de Estilos de Vida da AGEFEC preséntanos a súa primeira infografía, bilingüe, sobre as enfermidades cardiovasculares e o papel da enfermeira de Atención Primaria nas mesmas. Dende as nosas consultas podemos abordar estas patoloxías dende todos os enfoques de prevención: primaria, secundaria, terciaria e cuaternaria, acompañando ao paciente en todas as […]

Presentación Grupos de Traballo

Benvidos/as aos Grupos de Traballo de AGEFEC! Se es unha persoa apaixonada pola enfermaría familiar e comunitaria, este é o lugar perfecto para ti. Os Grupos de Traballo son a columna vertebral da nosa Asociación, deseñados para fomentar a investigación, o desenvolvemento profesional continuo e a mellora de competencias no ámbito da Atención Primaria. Queres […]

Informe Resultados Enquisa AGEFEC

Queremos compartir con vós os resultados máis relevantes da enquisa que lanzamos no mes de setembro de 2024. A vosa participación foi fundamental para identificar os puntos clave nos que debemos centrar os nosos esforzos. Agradecemos a implicación e agardamos que este informe sirva para fortalecer aínda máis a nosa comunidade, seguir mellorando AGEFEC e […]

Infografía “Comunicación de malas novas”

A comunicación efectiva entre os profesionais sanitarios e os pacientes, especialmente en situacións de coidados paliativos é fundamental para garantir un acompañamento humanizado e centrado nas necesidades da persoa enferma e a súa familia. Este proceso, que vai máis aló da simple transmisión de información, implica recoñecer as emocións, responder con empatía e deseñar un […]

Reunión ca federación Dano Cerebral Galicia

O pasado martes día 16 de xullo, acudimos a unha reunión con Dano Cerebral Galicia, organización non gubernamental que defende os dereitos das persoas con dano cerebral adquirido e das súas familias en Galicia. Nesta xuntanza na sede da federación á que asistiron, por unha banda, o presidente de Dano Cerebral Galicia, Luciano Fernández, a […]

Infografía “Planificación Compartida da Atención”

O grupo de traballo de coidados paliativos de AGEFEC presenta unha nova infografía sobre a planificación compartida da atención (PCA). A PCA é un proceso comunicativo que facilita a reflexión e a comprensión da vivencia da enfermidade e os coidados das persoas implicadas, que se centra na persoa e busca identificar e expresar os seus […]

Infografía “Identificación de Necesidades Paliativas en Atención Primaria”

O grupo de traballo de coidados paliativos de AGEFEC presenta a primeira infografía, en versión bilingüe, sobre a identificación das necesidades paliativas en pacientes adultos. Dende AGEFEC apoiamos que a enfermeira familiar e comunitaria pode e debe liderar a atención paliativa en domicilio e ter unha visión integral da persoa e do seu entorno e […]

1 2 3

Agefec é necesaria.
Somos necesarios