Prezadas/os compañeiras/os: O pasado venres 31/10 os sindicatos con representación en mesa sectorial de Galicia emitían un comunicado conxunto de convocatoria de folga de Atención Primaria para o vindeiro 26 de novembro, e no que se fai mención expresa á especialidade de enfermaría familiar e comunitaria. Aínda que o puntos clave da AGEFEC xa foron […]
Hoxe traémosvos unha nova minipílula informativa do noso Grupo de Coidados Paliativos. Desta volta, fálannos sobre o Documento de Instrucións Previas ou DIP, ao cal podemos acceder dende IANUS (se o/a paciente dispón del). Desexamos que sexa do voso interese. A AGEFEC é necesaria, somos necesarios e necesarias.
Hoxe achegámosvos unha mini pílula informativa elaborada polo noso Grupo de Traballo de beneficios Paliativos. Nela, fannos unha breve definición destes coidados, así como dos seus beneficios tanto para o/a paciente coma para o seu entrono. Ao ano, unhas 40 millóns de persoas precisan coidados paliativos a nivel mundial, aínda que só o 12% os […]
O pasado luns 29 de setembro comezou a Campaña de Vacinación fronte á Gripe e a Covid-19, iniciándose polas persoas institucionalizadas en residencias de maiores e centros de discapacidade e traballadores/as destas institucións. A partir da vindeira semana, levarase a cabo a vacinación, dende os centros de saúde, tanto da poboación pediátrica como das persoas […]
Chega o outono, e con el, os virus respiratorios: gripe, VRS, COVID-19… Desde a Atención Primaria, a enfermaría familiar está na primeira liña para protexerte a ti e á túa comunidade. 📌 A vacinación é unha ferramenta segura e eficaz para evitar complicacións, especialmente en persoas maiores, embarazadas, persoas con enfermidades crónicas e profesionais esenciais. […]
Dende a AGEFEC temos o pracer de convidarvos á Xornada de Prevención do Ictus, froito da colaboración entre nosa Asociación e a Asociación de Dano Cerebral Galicia. Nela presentaremos o folleto ‘Cóidate. Desmontando mitos para a prevención do ictus’ e a ‘Axenda da prevención do ictus’. Agardámosvos a todos e todas o vindeiro mércores 29 de outubro no […]
❤🩺 29 de setembro – Día Mundial do Corazón “Coida o teu corazón, dende a comunidade e coa enfermaría ao teu lado” O corazón é o motor da nosa vida. Hoxe, no Día Mundial do Corazón, queremos lembrar a importancia de previr, identificar e controlar os factores de risco cardiovascular para vivir máis e mellor. […]
O vindeiro 21 de setembro, conmemoramos o Día Mundial do Alzheimer 🧠💙, unha enfermidade que afecta non só a quen a padece, senón tamén ás súas familias e contornas.Dende a enfermaría familiar e comunitaria, acompañamos, orientamos e apoiamos ás persoas coidadoras e pacientes durante todo o proceso. Hoxe compartimos con vos algúns consellos clave para […]
Dende a AGEFEC temos o pracer de informarvos que os vindeiros venres 26 e sábado 27 de setembro a Asociación participará activamente na feira Pontesán, que terá lugar en Pontevedra. Pontesán é a maior feira de saúde e benestar de Galicia, nacida no ano 2020 en plena saída da maior crise sanitaria do século, este […]
Hoxe, 10 de setembro, celébrase o Día Mundial para a Prevención do Suicidio, segunda causa de morte externa no noso país, só superada, por primeira vez no 2024, polas caídas accidentais. Como enfermeiras de familia, somos cruciais na prevención e detección precoz de condutas suicidas, pola continuidade asistencial e coñecemento que temos dos nosos pacientes […]






