Cargando

Saúde Pública e Comunitaria

A AGEFEC deséxavos unhas felices festas e un feliz 2026.

Neste tempo de Nadal, dende a AGEFEC queremos facervos chegar unha agarimosa felicitación e os nosos mellores desexos para estas festas e para o ano que está por comezar. Que o novo ano veña cargado de saúde, forza e ilusión, pero tamén de avances reais para a nosa profesión. As enfermeiras de Familia e Comunitaria […]

Medidas de prevención fronte aos virus respiratorios

Chega o outono, e con el, os virus respiratorios: gripe, VRS, COVID-19… Desde a Atención Primaria, a enfermaría familiar está na primeira liña para protexerte a ti e á túa comunidade. 📌 A vacinación é unha ferramenta segura e eficaz para evitar complicacións, especialmente en persoas maiores, embarazadas, persoas con enfermidades crónicas e profesionais esenciais. […]

Infografía Infección Gonocócica

Tras o descanso estival, dende a AGEFEC voltamos traéndovos unha nova infografía dos nosos Grupos de Traballo. Desta vez, o Grupo de Saúde Pública e Inmunoprevenibles achéganos información actualizada sobre a infección gonocócica, de actualidade tanto polo aumento dos casos como polos cambios respecto á inmunización fronte a mesma na nosa Comunidade Autónoma. Esperando que […]

Presentación Grupos de Traballo

Benvidos/as aos Grupos de Traballo de AGEFEC! Se es unha persoa apaixonada pola enfermaría familiar e comunitaria, este é o lugar perfecto para ti. Os Grupos de Traballo son a columna vertebral da nosa Asociación, deseñados para fomentar a investigación, o desenvolvemento profesional continuo e a mellora de competencias no ámbito da Atención Primaria. Queres […]

Base de Datos Clínicos de Atención Primaria do Sistema Nacional de Saúde (BDCAP-SNS)

A Base de Datos Clínicos de Atención Primaria do Sistema Nacional de Saúde (BDCAP-SNS) foi creada para fins estadísticos e de investigación, coa colaboración de todas as comunidades autónomas e o INGESA Recolle información da historia clínica de atención primaria de 4,7 millons de persoas no conxunto do SNS, unha mostra aleatorizada do 10% das […]

Campaña Gripe 2018

O vindeiro día 22 de outubro arrinca a campaña de vacinación antigripal  que rematará o 28 de decembro. Dende a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria lembramos da importancia da vacinación nos grupos de risco (maiores de 60 anos, residentes en institucións pechadas, fogares de anciáns, centros de crónicos, mulleres embarazadas, nenos e adultos […]

AGEFEC avala a decisión de Sanidade por continuar apostando levar a cabo a campaña de vacinación antigripal dende Atención Primaria

Ante a noticia publicada o pasado día 10 de setembro no diario La Voz de Galicia Farmacéuticos gallegos insisten en poder vacunar y el Sergas lo descarta, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC), ven de remitir este mesmo luns unha misiva dirixida ao Director Xeral de Saúde Pública no que avalan a […]

A Consellería de Sanidade regula a realización das vacinacións e o calendario de vacinacións do adulto.

Este martes 15 de maio, o Diario Oficial de Galicia publicou a ORDE do 11 de maio de 2018 pola que se regula a realización das vacinacións no sistema sanitario público de Galicia e se actualiza o calendario de vacinación de persoas adultas do Programa galego de vacinación.   Esta Orde consolida dous aspectos importantes […]

Programa Falemos de Saúde, no Concello de Ames

Dende fai uns meses, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) xunto cos servizos sociais do Concello de Ames, organizamos o programa “Falemos de Saúde”, formado por varias sesións educativas que terán lugar no local JUPEMI ao longo deste 2018. Trátase dunha serie de charlas dirixidas á promoción da saúde, co simple obxetivo […]

Grupo PACAP Vigo: traballo conxunto entre AGEFEC e AGAMFEC

Fai uns meses, a Asociación Galega de Enfermaría Familiar e Comunitaria (AGEFEC) e a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC)  comezaron un traballo conxunto para formar o grupo PACAP (Programa de Actividades Comunitarias en Atención Primaria) na cidade de Vigo, e deste xeito iniciar actividades de promoción da saude e preventivas para o […]

1 2 3

Agefec é necesaria.
Somos necesarios